Xuño 21

XUNIO DE 2021

E para rematar o mes deixar constancia do pasamento doutro apreciado amigo, Manuel Pérez Franco que finou na súa casa de Barcelona.
Manuel era orihundo da casa do Manueliño  e casou con Amable do Carballal. Durante moitas décadas viñeron a súa casa de Suhortos ata que a pandemia do Covid e a saúde non permitiron que voltase.
Dende estas liñas expresarlle ao seu fillo e demais parentes o meu máis sentido pésame pola súa perda. D.E.P.

Novas Xuño 2021

Sábado 19 de xuño ás 19:00h. na igrexa parroquial de Piño misa polo eterno descanso da Marisa do Sono. O actual párroco  encargado da nosa parroquia oficiará unha misa para todos aquelas persoas que queiran participar.


Mércores nove de xuño no ceminterio parroquial sepelio de María Luisa López Pérez, (Marisa da casa Sono) nada en setembro de 1944, filla de Carmen e Pepe. que finou no día de onte 8 de xuño na súa casa.

Dende estas liñas expresar o noso máis sentido pésame por tan estimada amiga.
2005 - 2021 | @Peruchela

Temos 728 anónimos e ningún membro en liña